15.7 C
Chicago
21 septiembre, 2026
Image default

O HOSPITAL DO BARBANZA REFORZA A SÚA ATENCIÓN FARMACÉUTICA COA INCORPORACIÓN DUN NOVO PROFESIONAL

O Hospital do Barbanza da un paso adiante na mellora da súa atención farmacéutica. Grazas á incorporación dun novo profesional, o centro poderá ofrecer dispensación hospitalaria de medicamentos que ata agora obrigaban aos pacientes a desprazarse máis de 60 quilómetros.
Esta medida beneficiará a máis de 300 persoas da comarca, especialmente pacientes con enfermidades como a esclerose múltiple, o Crohn ou a fibrose quística.
A dispensación deste tipo de tratamentos require un control especializado que ata o momento só se realizaba en hospitais de referencia. Co reforzo do servizo, os pacientes poderán recoller a súa medicación en Ribeira, gañando comodidade e reducindo tempo e custos.
Ademáis, esta mellora supón un avance en accesibilidade, specialmente para persoas con mobilidade reducida ou enfermidades crónicas, e contribúe tamén a un seguimento farmacoterapéutico máis próximo e personalizado.
Esta medida non só mellora da calidade de vida dos pacientes, senón que tamén reforza a seguridade clínica e optimiza os recursos do sistema sanitario.

Related posts

AVANZA A PAVIMENTACIÓN DA AG-11

CloudyX

O PREZO DO COMBUSTIBLE ENCADEA UNHA NOVA XORNADA DE SUBIDAS

CloudyX

O CONDUCTOR DUN TURISMO RESULTOU FERIDO LEVE ESTE XOVES TRAS SUFRIR UN APARATOSO ACCIDENTE NA AUTOVÍA DO BARBANZA

CloudyX