Primeira xornada do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa viaxe oficial en China. Esta mañá centrou a súa visita en reforzar e explorar novas relacións comerciais e económicas co país asiático no mundo da automoción. O titular do Goberno galego coñeceu en primeira persoa o traballo de factorías de loxística, compoñentes ou baterías ademais de reunirse con representantes de SAIC Motors.

