O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, percorreu esta mañá parte do trazado do Camiño do Litoral comprendido no municipio de Carnota. O presidente da Xunta avanzou nese escenario que esta senda, que une a costa de Galicia dende Ribadeo ata Tui, estará listo a partir do verán polo que a comunidade engadirá un novo atractivo turístico.

