O sector do mar da ría de Muros e Noia mantivo recentemente unha xuntanza coa Consellería do Mar para abordar diferentes problemáticas ás que se enfrontan os profesionais. A mortaldade do recurso e a necesidade de contar cun protocolo de baleirado da presa do Tambre foron dous dos temas que se trataron. E tamén se afondou sobre a problemática da mexilla.

