Segundo anunciou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, agora hai 5.414 prazas xa convocadas, ás que se sumarán outras 136 nos próximos meses, ata superar as 5.500. O obxectivo é reforzar a estabilidade laboral e baixar a temporalidade por debaixo do 8% na sanidade pública galega.

