A conmemoración do día Internacional da Muller deixou numerosos actos repartidos por toda a comarca, entre eles unha nova exposición que se inaugurou na Casa da Cultura de Lousame. Titúlase “As Mulleres na Biblia” e é unha mostra cedida pola Fundación Museo de Artes de Ribeira que xa se pode visitar.

