O pasado sábado Israel e os Estados Unidos atacaron de forma conxunta Irán, conflito bélico que non reduciu a súa intensidade nestas últimas xornadas. Unha das consecuencias desta escalada bélica é o bloqueo do estreito de Ormuz polo que está paralizado o comercio, algo que afecta directamente á exportación de petróleo xa que por el circula o 20% do combustible. Esta situación está a provocar o incremento do prezo dos carburantes nas estacións de servizo.

