A situación da sanidade pública en Galicia está a despertar aos veciños e ás veciñas da comarca. Son habituais as concentracións ante os centros de saúde de Aguiño, Ribeira e Pobra, e onte comezaron no de Rianxo. A sociedade reclama unha atención primaria de calidade, coa cobertura ao 100% das prazas vacantes, e estanse a obter resultados. Agora ponse o foco no hospital da Barbanza onde as listas de espera cada vez son maiores nalgunhas especialidades.

