O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe a cooperativa Bidafarma na Coruña, destacando o seu papel como exemplo do cooperativismo galego e da súa capacidade para dinamizar o territorio.
Bidafarma proporciona servizo ao 95% das farmacias da comunidade, incluídas as das zonas rurais. O conselleiro lembrou que en 2025 Galicia superou as 2.000 cooperativas activas, un sector que factura máis de 3.000 millóns de euros e emprega unhas 78.000 persoas entre socios e traballadores

