A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa puxo o foco nas problemáticas que están a afogar ao sector marisqueiro. Segundo apuntaron unha cuestión que provoca a situación actual e futura das rías é que as augas interiores da ría tardar un 240% máis en renovarse e a tendencia é que esta porcentaxe se incremente un 10% cada década. A agrupación indica que as consecuencias derivadas disto son que a contaminación estea máis tempo dentro das rías e as mareas vermellas tamén. Para evitalo os profesionais realizaron dúas demandas: que se impulse un plan plurianual de recuperación das rías orzamentado e que contemple un estudo sobre a situación e que se elabore un plan de actuación de Augas de Galicia para controlar as verteduras a ríos e rías.

