O Concello da Pobra do Caramiñal presentou a programación do 8M no marco do Día Internacional das Mulleres. A concelleira de igualdade, Estefanía Ramos, destacou que a vila debe ser un espazo de reflexión, visibilización e participación activa, lembrando que traballar pola igualdade é unha responsabilidade colectiva e diaria.

