Hai uns anos que o Concello de Lousame está a sufrir problemas para poder acceder a un servizo digno de internet. O alcalde do municipio, Esteban Ares, lamenta que esta é unha das problemáticas recorrentes que viven os veciños e na que se está a traballar para poder contar cunha conexión de calidade en todos os puntos do termo municipal.

