Unha das medidas aprobadas hoxe no Consello da Xunta foi o proxecto de interese autonómico para habilitar o chan residencial na zona de Ofimático de Vigo. Segundo informou o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, construiranse arredor de 2000 vivendas protexidas.
Unha medida que se enmarca na Estratexia do Solo Residencial do Goberno autonómico, a cal busca habilitar terreos para que promotores e cooperativas constrúan 20.000 vivendas protexidas e 5.000 de prezo libre.

