A Asociación AMBAR acolleu esta mañá unha nova sesión do programa “Mergullando sen nos mollar”, unha iniciativa impulsada pola área de Medio Ambiente da Deputación da Coruña. Grazas á realidade virtual achégase o medio mariño ás persoas participantes e esta mañá os usuarios e usuarias da entidade puideron coñecer as particularidades do fondo do mar.

