18 noviembre, 2026
Image default

GALICIA DESPIDE HOXE A SEVERINO ESCURÍS, EMPRESARIO HISTÓRICO DO SECTOR CONSERVEIRO E FIGURA CLAVE NO DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL DA COMARCA.

Falece aos cen anos o empresario pobrense Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa e unha das figuras clave da industria conserveira galega. Os seus restos mortais estarán desde esta tarde no tanatorio Jesús Nazareno da Pobra do Caramiñal, e o funeral celebrarase mañá ás 16:30h.
Nado en Rianxo en 1925 e trasladado de mozo á Pobra, Escurís formou parte desa xeración de empresarios feitos a si mesmos que impulsaron o desenvolvemento industrial de Galicia. Ao longo dunha traxectoria de máis de sete décadas fundou e promoveu compañías como Actemsa, Cartogal, Albacora, Cardium Edule ou Tunaliment, ademáis de liderar a expansión internacional do grupo conserveiro familiar.
Baixo a súa dirección, o grupo Escurís situouse entre os grandes referentes do sector do atún e da conserva a nivel mundial, xerando milleiros de empregos directos e indirectos.
Nos últimos anos recibira numerosos recoñecementos á súa traxectoria, entre eles a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, a Medalla de Galicia e, máis recentemente, a Medalla de Anfaco e distintos premios á súa carreira empresarial concedidos pola Xunta, a Deputación e o Concello da Pobra.
Coa súa morte desaparece unha das grandes figuras do tecido industrial galego do último século.

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX