18 noviembre, 2026
Image default

CONGALSA CONTINÚA MEDRANDO E CONSOLIDA O SEU PAPEL COMO MOTOR ECONÓMICO NA COMARCA DO BARBANZA

A Corporación Congalsa pechou o exercicio 2025 cunha facturación de 179 millóns de euros, confirmando a boa evolución do seu modelo de crecemento. Os datos déronse a coñecer durante un encontro celebrado coa totalidade da súa plantilla, no que a dirección fixo balance do último ano e avanzou as principais liñas estratéxicas de futuro.
A compañía, con sede na Pobra do Caramiñal, anunciou que en 2026 porá en marcha as novas instalacións no polígono de A Tomada, un proxecto no que investirá 26 millóns de euros e que reforzará a súa capacidade produtiva.
O acto, celebrado por terceiro ano consecutivo no Complexo Deportivo da Fieiteira, en Ribeira, serviu tamén para destacar o compromiso da empresa coa sustentabilidade económica, social e ambiental. Neste marco sitúase a construción dunha nova depuradora, recentemente anunciada.
Un dos momentos máis emotivos da xornada foi a entrega do Premio Ramón Doval 2026, que recoñece os valores humanos e profesionais dentro da compañía. Nesta edición, o galardón foi para Carlos Gude Parada, traballador do turno de noite da área de Produción, elixido por votación interna entre toda a plantilla.
Con estes datos, Congalsa encara o novo exercicio coa vista posta nun crecemento responsable, a longo prazo, e cun proxecto empresarial cada vez máis consolidado a nivel internacional.

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX