Un ano máis, as Xornadas Muller e Ciencia chegan á Pobra coa súa XI edición cunha programación que busca, según afirmou a concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, chegar a todas as idades, creando así referentes femininos e combatendo os estereotipos de xénero. A divulgación científica e a visibilización do traballo das mulleres en dita área, serán as protagonistas.

