A novidade chega tras o acordo de colaboración asinado entre o Concello de Noia e a Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago.
Este convenio establece un modelo de xestión baseado no voluntariado e sen tarifas fixas. A achega económica será mediante donativo, quedando á vontade dos peregrinos.

