O entroido achégase e o Concello da Pobra celebrará esta festividade tan agardada con numerosas actividades e propostas pensadas para todos os públicos. O obxectivo perseguido polo departamento de Cultura é que a veciñanza desfrute e participe nesta tradicional festa na que de seguro haberá moitos disfraces e troula.

