O Concello de Noia xa ten todo preparado para celebrar o Entroido cunha ampla programación dirixida a todos os públicos, que arrincará o vindeiro venres 13 coa recuperación dunha das citas máis lembradas da vila.
A primeira xornada estará marcada pola recreación do antigo París-Dakar, un evento moi popular en Noia que se recupera a modo de homenaxe a unha tradición moi vencellada ao Entroido local.

