Onte desenvolveuse un novo Consello Galego de Pesca, presidido pola conselleira do Mar, Marta Villaverde. Os profesionais aprobaron por unanimidade o ditame coas propostas de Galicia para intentar paliar o resultado do acordo de TAC e cotas para o presente exercicio. Reparto que prexudica á frota galega. O consello afondou nas especies que máis preocupan aos profesionais, emitindo unha proposta ao Ministerio de Pesca na que se afonda en cada unha.

