Esta mañá o salón de plenos da Pobra do Caramiñal acolleu a celebración dunha sesión plenaria extraordinaria na que se debateu a participación do municipio no POS+ Adicional da Deputación da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. A concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, foi a encargada de afondar na proposta do Goberno local.

