13.5 C
Chicago
8 octubre, 2026
Image default

O polideportivo de Lousame estrea un mural artístico sobre deporte e natureza

O muro principal do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra luce xa unha nova imaxe. Un mural no que se mesturan natureza e deporte, froito do traballo colaborativo da Rede de Voluntariado de Lousame.
A iniciativa desenvolveuse a través dun obradoiro de pintura mural organizado por Vella Escola Cultura Urbana en colaboración co Concello de Lousame, e financiado pola Deputación da Coruña.
Durante toda unha mañá, seis mozas e mozos participaron activamente no deseño e na execución do mural, no que destacan unhas viñas acompañadas da frase “Trail de Lousame”, unha clara referencia ao entorno natural e deportivo do municipio.
A monitora de Vella Escola Cultura Urbana encargouse de perfilar o debuxo e de realizar os remates finais, dando como resultado unha obra que xa pode ser desfrutada polas persoas usuarias do polideportivo.
Un exemplo máis de como a creatividade e o voluntariado contribúen a mellorar os espazos públicos de Lousame.

Related posts

O GOBERNO DE LOUSAME AVANZA NO CUMPRIMENTO DO SEU PROGRAMA ELECTORAL

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ARRANXARÁ A ESTRADA LOUSAMIÁ QUE UNE PONTE BELUSO CON COMPARADA

CloudyX

O SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA COLLE O PROTAGONISMO PARA PECHAR UN VERÁN CHEO DE VERBENAS E HONRAS AOS SANTOS

CloudyX