18 C
Chicago
1 octubre, 2026
Image default

A Deputación aproba 2 millóns para promoción económica en 2026

A Deputación da Coruña reforza o seu apoio ao tecido económico provincial cun novo plan de subvencións para o ano 2026. En total, dous millóns de euros que se repartirán en dúas liñas de axudas destinadas á dinamización do comercio, a hostalería, o emprego e a promoción dos produtos e servizos locais.
Unha das convocatorias, dotada con 975.000 euros, está dirixida a asociación e entidades empresariais sen ánimo de lucro. As subvencións poderán oscilar entre os 1.500 euros e os 21.000 euros por proxecto, financiando ata o 60% das actividades presentadas.
Entre as accións subvencionables inclúense feiras, campañas de dinamización comercial, xornadas profesionais, eventos promocionais ou actividades de interese turístico.
De forma complementaria, a Deputación pon en marcha unha segunda liña específica para concellos de menos de 50.000 habitantes, cun orzamento de máis dun millón de euros. Neste caso, as axudas irán dos 3.000 aos 30.000 euros por concello.
O prazo para presentar solicitudes abrirase o 16 de xaneiro e pecharase o 16 de febreiro, e todo o procedemento deberá realizarse de maneira telemática a través da plataforma SUBTEL.
Con estas axudas, a Deputación da Coruña busca seguir apostando polo desenvolvemento económico, a creación de emprego e a dinamización comercial e turística en toda a provincia.

Related posts

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA E A FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS EN ARXENTINA REXEITAN LIMITAR OS DEREITOS DOS DESCENDENTES DA INMIGRACIÓN

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINA ESTE ANO 2,24 MILLÓNS DE EUROS A 19 ENTIDADES TURÍSTICAS DA PROVINCIA

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DOS PREMIOS DE BOAS PRÁCTICAS EN SERVIZOS SOCIAIS

CloudyX