0 O Concello de Lousame vén de presentar o seu primeiro programa municipal de fomento da natalidade, baixo o lema “Nacín en Lousame, un orgullo que se debe coidar”. Un plan que arrincará en xaneiro de 2026 e que nace coa intención de medrar ano a ano.