Un venres máis veciños e veciñas da Pobra concentráronse ás portas do centro de saúde local para demandar unha semana máis que se active o servizo do Punto de Atención Continuada, PAC. A situación do ambulatorio tivo unha pequena mellora no referente ao persoal médico que presta servizo nel na actualidade.

