O Concello da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa empresa Congalsa, pon en marcha unha nova edición do tradicional sorteo de Eurodisney destinado a impulsar o comercio local durante o Nadal. A novidade deste ano é que a participación farase directamente a través dos estabelecementos adheridos, en lugar de redes sociais.

