Os orzamerntos máis elevados da historia da deputación foron os anunciados pola administración galega. Un total de 254 millóns de euros invertidos en todo tipo de ámbitos. Unha parte destacada destinarase á protección social, co aumento das horas de axuda no fogar, a contratación de persoal técnico e a posta en marcha de novas residencias para persoas maiores, entre elas unha no Barbanza, cun investimento inicial de seis millóns de euros.

