A empresa Congalsa deu inicio ás súas celebracións navideñas cun completo programa de actividades para todos os seus empregados e familias. O luns entregáronse os premios dos concursos de postais e adornos navideños, onde os traballos de nenos e xóvenes vinculados á compañía foron os protagonistas. Saúl Brión, Fabio Fernández e Elina Sanles foron os gañadores no concurso de postais, que cada ano se converte nunha tradición, e as súas obras serán as felicitacións oficiais de Congalsa durante estas festas.

