A concelleira de Promoción Económica da Pobra, Amparo Cerecedo, e a coordinadora de Médicos do Mundo en Galicia, Iria Gippini, foron as encargadas de presentar o novo programa que terá unha vixencia de dous anos. A medida estrutúrase arredor de tres grandes eixos: o empoderamento e a integración social, mellorar a empregabilidade das participantes e ofrecer solucións de vivenda de emerxencia social para aquelas mulleres que o necesiten.

