Santiago de Compostela acolleu esta mañá a quinta edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia. A Xunta destacou as traxectorias de Jesús Irisarri, Guadalupe Piñera e Roberto Medín, tres referentes da arquitectura galega.
Allegue subliñou a achega ética e continuada de Irisarri e Piñera, e destacou de Medín a súa carreira de cinco décadas, converténdoo dixo nun exemplo de humanidade e compromiso profesional.

