18 C
Chicago
1 octubre, 2026
Image default

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA APROBA O MAIOR ORZAMENTO DA SÚA HISTORIA: 256,5 MILLÓNS DE EUROS PARA 2026

O deputado de Economía e Facenda, José Ramón Rioboo, foi o encargado de defender unhas contas que definiu como “municipalistas e centradas nas persoas”. A Deputación mantén a débeda cero, conxela taxas e adianta recursos aos concellos desde o 1 de xaneiro.
O Plan Único POS+ 2026 continúa como eixo central do orzamento, cun investimento inicial de 88 millóns de euros. En total, máis de 110 millóns irán directamente aos 93 concellos da provincia, que terán liberdade total para decidir en que investir.
Outro dos grandes bloques é o das infraestruturas. A área de Vías e Obras medra un 30%, ata chegar aos 31 millóns de euros, para mellorar a seguridade viaria, manter a rede provincial e compensar o incremento dos custes dos materiais.

No ámbito social, o orzamento elévase a 35,5 millóns, financiando case 400.000 horas de Servizo de Axuda no Fogar e a contratación de 178 profesionais sociais.
O Plan de Emprego Local ascende a 16,3 millóns. Desde 2016, permitiu apoiar máis de 3.000 empresas e impulsar máis de 8.000 empregos.
Cultura, deporte e mocidade tamén medran. O orzamento inclúe un novo programa de estancias no estranxeiro para alumnado de Bacharelato. En emerxencias, máis de 10 millóns irán destinados aos GES, protección civil e prevención, e está prevista a incorporación de 80 novos bombeiros aos parques comarcais.
No debate, o BNG destacou o apoio aos concellos e a posta en valor do patrimonio;
Alternativa dos Veciños insistiu na necesidade de aumentar aínda máis o investimento en estradas;
e o PP xustificou o seu voto en contra ao considerar os orzamentos continuístas e sen criterio claro de gasto.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, defendeu que o Plan Único supuxo unha revolución no financiamento municipal”, recordando que cando gobernaba o PP os concellos recibían 57 millóns fronte aos 138 millóns actuais. Tamén lembrou o incremento en emprego e en política social desde 2015.
Un orzamento que o goberno provincial define como ambicioso e humano e que marca un novo máximo histórico na Deputación da Coruña para o ano 2026.

Related posts

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA E A FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS EN ARXENTINA REXEITAN LIMITAR OS DEREITOS DOS DESCENDENTES DA INMIGRACIÓN

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINA ESTE ANO 2,24 MILLÓNS DE EUROS A 19 ENTIDADES TURÍSTICAS DA PROVINCIA

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DOS PREMIOS DE BOAS PRÁCTICAS EN SERVIZOS SOCIAIS

CloudyX