A operación Saona, co que que se incautaron 3.650 kilos de cocaína dunha descarga errada na Pobra do Caramiñal, segue activa. O martes a Policía Nacional realizou dúas detencións máis en Ribeira e na Pobra vencelladas a esta rede de narcotráfico, dous homes que estiveron baixo custodia policial ata esta mañá. Prestaron declaración en Muros ante a xuíza que instrúe o caso e hoxe foron postos en liberdade.

