O arranque oficial tivo lugar o venres pola noite no local London, gañador do primeiro premio o ano pasado. Alí, o alcalde José Carlos Vidal, a concelleira de Cultura Patricia Lojo e a creadora de contidos Alba Fernández deron o pistoletazo de saída a unha edición que, segundo destacaron, foi collendo forza grazas ao esforzo dos cociñeiros e á boa acollida do público.

