O coliseo Noela viviu unha auténtica noite de estrelas. Dirixida polo actor Federico Pérez, e coa colaboración de Tito Rober e a drag queen Vaina, a gala fixo unha viaxe pola historia do festival, que leva xa 26 anos impulsando o talento galego.
Entre os asistentes, nomes coñecidos como Carmen Méndez, Ledicia Sola, David Amor ou Antonio Mourelos, que compartiron lembranzas e anécdotas dos seus pasos pola Mostra.
Nas intervencións institucionais, a concelleira de Cultura, Chelo Martínez, reivindicou o cine como ferramenta identitaria e memoria colectiva, así como tamén puxo en valor esta mostra.

