A Xunta vén de impulsar o Catálogo de bens de valor cultural no litoral, ferramenta coa que se pretende poñer en valor o patrimonio costeiro de Galicia. Esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Cultura, José López Campos, visitaron a antiga salgadura de punta Castiñeiras, en Ribeira, un dos bens incluído no catálogo.

