Este sábado regresou a Primeira División Autonómica masculina de baloncesto onde compite o Berberecho de Noia. Ángel Castro dirixe tamén o cadro noiés no que hai moitas caras novas xa que só continúan dous xogadores da anterior campaña: o pivote Raúl Campuzano e o aínda xuvenil Raúl Martínez. Uníronse ás filas noiesas cibrán Pérez, Luis Lope, Alejandro Noya, Jorge Sánchez, Henok Martínez e Eduardo Lada e completan o equipo o xuvenil Simón Oviedo e os xogadores do filial Martín Ogando e Noel Pouso. Esta fin de semana xogaron o seu segundo encontro da campaña 25-26 na pista do Seis do Nadal, rival que superou por 76-63 aos amarelos.




