En Ribeira, aprobouse definitivamente no pleno extraordinario a moción de censura que leva semanas sendo o tema de conversa entre a poboación. Desta maneira, O Partido Popular xunto co apoio de concelleiros do PBBI, puxo fin ao mandato do tripartito conformado polo BNG, o PSOE e o PBBI, nomeando así a Mariola Sampedro, como a nova alcaldesa do municipio ribeirense.
Dita sesión plenaria estivo marcada por intensos argumentos políticos e referencias legais, así como tamén destacou en alza o descontento e euforia de toda a veciñanza presente, a cal conseguiu ocupar todo o espazo do auditorio, sobrepasando incluso o aforo estipulado coa súa presenza.
Con isto, as intervencións comezaron a darse por parte do Partido Popular, baixo a portavoz e agora alcaldesa, Mariola Sampedro, quen defendeu, en primeiro lugar, que esta moción de censura non se daba por razóns persoais nin partidistas, senón polo benestar do pobo ribeirense. Asegurou que a súa maneira de facer política, distaba moito á doutros partidos.

