A empresa galega aposta polo sabor como motor do seu crecemento. Congalsa é unha das compañías de referencia na elaboración de produtos do mar conxelados e volve a esta cita internacional coa intención de fortalecer vínculos comerciais e dar a coñecer as súas novidades.

