E foi na cuarta xornada cando o Cidade de Ribeira puido sumar o seu primeiro máis tres da temporada na Preferente. Os branquiazuis tiveron que esmerarse na Fieiteira para amarrar un triunfo moi traballado e que se fixo agardar ata os minutos finais contra un dos mellores equipos do grupo 1, o Negreira. Partido disputado este martes.

