Traballar en prol da veciñanza. Este é o principal obxectivo que persegue e novo Executivo noiés que ten as súas liñas de traballo xa definidas. O rexedor da vila de Noia, Francisco Pérez, reitera que a primeira acción clave que están a desenvolver é estabilizar a xestión administrativa e económica do concello e asegurar os servizos básicos da poboación. Hai sobre a mesa diferentes proxectos, algúns propostos polo anterior Goberno local.

