Fin de semana moi festivo na comarca. Fruíme celebrou as súas tradicionais festas das As Cabesas onde houbo unha programación pensada para todas as idades. Os festexos comezaron o sábado coa actuación estelar de Leticia Sabater e onte, domingo, foi unha xornada na que se mesturou a tradición cos bailes. Dende as 9.00 horas houbo misas cada hora e ás 13.00 horas foi na honra de Santa María da Cabeza, seguida da procesión. Moitas persoas achegáronse a Fruíme para non perderse estas celebracións relixiosas e festivas.

