23 septiembre, 2026
Image default

A PREFERENTE VIVIRÁ UNHA TERCEIRA XORNADA DE EMOCIÓNS

O fútbol protagoniza a fin de semana con encontros en todas as categorías. Na Preferente a vista estará posta na Alta e en Betanzos, lugares que acollen esta xornada os encontros do Puebla e do Cidade de Ribeira.

Os de Chofri queren seguir mirando cara a parte alta da táboa e iso pasa por gañar esta fin de semana ao Dubra. Os pobrenses son agora mesmo quintos ao ter no seu haber catro puntos despois de gañar por un axustado 2-1 ao Cidade de Ribeira no pimeiro derbi comarcal do grupo 1 e de empatar a pasada xornada co Sigüeiro. Agora os do Barbanza teñen un novo reto: superar ao Dubra. Aínda non sabe o que é gañar no que vai de temporada xa que só puido facerse cun punto na súa estrea polo que é décimo cuarto. O domingo ás 18.00 horas Puebla e Dubra veranse as caras na Alta para disputarse tres valiosos puntos.

E o Cidade de Ribeira agarda inaugurar o seu casilleiro de vitorias nesta terceira fin de semana de competición. Os branquiazuis están indo a contracorrente no que vai de campaña, primeiro indo a remolque no derbi co Puebla que finalmente foi para o rival, e a pasada xornada non puido superar ao Cultural Maniños, equipo ascendido que levou a batuta do encontro ata que os ribeirenses igualaron o marcador no último suspiro. Agora os de Manuel Ángel Pena amosarán unha versión diferente para buscar os tres puntos e ir subindo postos na clasificación na que agora é décimo terceiro. E o fará na casa do Betanzos, último clasificado. O domingo ás 17.00 horas o espectáculo trasládase ao García Hermanos onde o Betanzos e o Cidade de Ribeira mediran o seu fútbol para facerse cunha vitoria moi ansiada.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI NON PUIDO CO JAÉN E PERDEU NO OLIVO POR 6-3

CloudyX

O CD BOIRO SUMOU ESTA FIN DE SEMANA UNHA IMPORTANTE VITORIA A DOMICILIO TRAS IMPOÑERSE AO SILVA SD NO CAMPO DA GRELA.

CloudyX

O CLUB DE REMO CABO DE CRUZ PECHOU ESTA FIN DE SEMANA A TEMPADA COA DISPUTA DA XORNADA FINAL DO PLAYOFF DE ASCENSO Á LIGA ACT.

CloudyX