A operación, bautizada como “Foelka”, xurdiu tras a denuncia presentada en decembro de 2024 por un empresario boirense. Segundo manifestou ás forzas da orde, uns individuos esixíanlle unha deuda superior aos 100.000 euros, desacougándoo mediante ameazas e violencia.
Durante a investigación, detectouse que o suposto líder da trama contratara persoas para desprazarse desde Cádiz ata A Coruña para intimidar á vítima. Non só iso: houbo agresións e danos ao vehículo do empresario.
Pero a extorsión non quedou nesa única vítima. Outras investigacións determinaron que tamén ameazaron á filla doutro empresario de Boiro, e que este, temendo represalias, chegou a facer varios pagamentosde xeito forzado.
Tras os delitos mencionados, tres persoas atópanse agora como investigadas.
Preséntase así un caso grave de criminalidade organizada, con delitos que inclúen extorsión, lesións, danos e ameazas. A operación foi dirixida polo Equipo Territorial da Policia Xudicial de Noia, e contaron coa colaboración de corpos de Policía de distintas provincias, feito que resultou esencial para a desarticulación.

