Tras permanecer detidos dende o sábado pola súa implicación no alixo de 3.500 kg de cocaína descargados na Pobra, os tres sospeitosos pasaron a primeira hora a disposición do xulgado de Muros, xa que todo indica a que a investigación deu comezo na zona muradana.
Os arrestados, tras presentarse ante a xuíza, decretouse o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza. Esta decisión foi tomada pola apreciación da maxistrada dun risco de fuga e de destrución de probas. Asimesmo, están sendo investigados por tráfico de drogas de especial gravidade pola cantidade e os medios empregados.
A investigación que está levando a cabo a Policía Nacional apunta a que os detidos foron os responsablesde de trasladar a droga de Sudamérica á costa galega a bordo dun narcosubmarino, ata que foron porteriormente descubertos.
Con isto, o alcalde de Pobra, José Carlos, deu declaracións esta mesma mañá acerca de toda esta situación, poñendo en valor a actuación da policía local ante os recentes sucesos.

