Un choque frontolateral entre dous coches en Noia rematou cun balance dun ferido leve, que correspondeu ser o copiloto dun dos turismos implicados.
Segundo fontes da Policía Local, o accidente tivo lugar en torno ás 12:15 da mañá, cando un dos conductores non respetou unha sinal de stop, provocando así o impacto contra o outro vehículo que circulaba pola vía principal.
Ata o lugar, desprazáronse os servizos de emerxencias, que atenderon in situ ao ocupante ferido e aseguráronse de que non houbera ningún outro dano importante.
Os axentes practicaron a proba de alcoholemia aos conductores implicados, con resultado negativo en ambos casos.
A circulación estivo regulada durante un período curto de tempo, ate que se retiraron os vehículos da calzada.
Asimesmo, nos últimos días, as intensas choivas rexistradas na zona están a provocar un aumento de sinistros, como os acontecidos esta tarde na saída de Pobra e en Laraño. Estas situacións poñen en claro a importancia de extremar a precaución na carretera, sobre todo, nos días de moita auga.

