O pasado 27 de agosto un lume rexistrado na rúa Rafael Calleja, na Pobra do Caramiñal, saldouse con 6 persoas rescatadas e os veciños desaloxados. O incendio comezou no salón do primeiro esquerda, no que era inquilina Nacy Núñez dende hai máis dunha década. Sen embargo terá que abandonalo por petición da dona a pesar de ter pagado xa o mes de setembro.

