A Pobra do Caramiñal viviu estos días as súas festas máis esperadas: as do Carme dos Pincheiros, que este ano alcanzan novas dimensións de emoción e diversión. Unha fin de semana completa de tradicións e xiros de festa, onde cada día tivo algo único que ofrecer.
O sábado, 16 de agosto, a vila puxo a súa mirada nas famosas festas dos San Juerguines, un evento que crece ano tras ano. Centos de xóvenes e adultos inundaron as rúas coas súas camisetas, participando en xogos de auga, risas e música. Un día pensado para todos, pero especialmente, para os mozos do municipio.
O domingo, foi o momento de rendir homenaxe aos mariñeiros que xa non están, co inicio da procesión do Carme dos Pincheiros. Un acto cargado de emoción e tradición, onde a Virxe percorreu as rúas acompañada pola Banda Militar da Brilat e un desfile de veciños que, con moita emoción, recordaron aos seus seres queridos. Unha tradición que continúa viva e que une a toda unha comunidade na lembranza e nahonra dos que construíron a historia da ría.
Hoxe, luns 18 de agosto, as festas da Pobra seguen a todo gas. As rúas encheron de cores e risas co tradicional desfile de xigantes e cabezudos, onde pequenos e grandes disfrutaron dunha festa familiar acompañada por música de banda de gaitas.A festa da espuma tamén fixo acto de presenza, a cal formou todo un ambiente lúdico e desenfadado que permitiu á veciñanza e visitantes gozar dunha das xornadas máis frescas do verán.
No día de hoxe ponse peche e final ao carme dos pincheiros con desfiles, espectáculos e moita música en directo. Así rematan unhas xornadas cheas de emoción, tradición e festa na Pobra do Caramiñal.

