O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, visitaron esta mañá a sede do Distrito Forestal de Verín-Viana, onde coñeceron a situación dos incendios que se están a dar na zona. O de Chandrexa vén de converterse nun dos máis grandes da historia de Galicia xa que se queimaron 10.500 hectáreas. Rueda afirmou que as perspectivas para os próximos días e horas de controlar e extinguir os lumes da provincia de Ourense seguen sen ser optimistas.

