O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visitou esta mañá en Cangas o buque “Eirado do Costal”. Nese escenario anunciou que a Xunta vén de impulsar a primeira convocatoria de axudas dunha nova liña que ten un obxectivo claro e necesario: fomentar o relevo xeracional no sector marítimo-pesqueiro.

